As células nai e o cáncro
Os transplantes de células nai son utilizados para repoñer a medula ósea que foi destruída polo cancro ou destruída pola quimioterapia e/ou a radiación usada para tratar o cancro.

permite que os médicos usen doses moito máis altas de quimioterapia para tratar de eliminar todas as células cancerosas.
Ademais de substituír ás células nai, o transplante de células nai provenientes doutra persoa tamén pode axudar a través doutros medios para tratar certos tipos de cancro. Con frecuencia, as células doadas poden atopar e eliminar ás células cancerosas mellor do que o poderían facer as células do sistema inmunitario da persoa que tivo cancro. A isto coñéceselle como efecto “enxerto-contra-cancro” ou “enxerto-contra-leucemia”. Isto significa que certas clases de transplantes en realidade axudan a combater ás células cancerosas, en lugar de só fornecer células sanguíneas normais.
Nun transplante típico de células nai para o cancro adminístranse doses moi elevadas de quimioterapia, a miúdo xunto con radioterapia para tratar de eliminar todas as células cancerosas. Este tratamento tamén elimina as células nai na medula ósea. Brevemente, tras o tratamento fornécense células nai para que substitúan aquelas que foron eliminadas. Estas células nai normais adminístranse a través das veas, coma se tratásese dunha transfusión sanguínea. Eventualmente asíntanse na medula ósea e comezan a crecer e a producir células sanguíneas sas. A este proceso coñéceselle como enxerto.
- Autólogo ou autotrasplante: as células proveñen de vostede mesmo.
- Alogénico ou alotrasplante: as células proveñen dun doante compatible con ou sen parentesco co paciente.
- Singénico ou isotrasplante: as células proveñen do seu irmán(a) xemelgo(a) ou trillizo(a) idéntico(a).
Algúns dos problemas que poden xurdir niveis o transplante son: dor de boca e garganta, náuseas e vómitos, infección problemas pulmonares, a posibilidade de que se rexenere outro cancro, recaída...
Comentarios
Publicar un comentario