Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2019

TOP 10 inventos tecnolóxicos de 2019

Imagen
Aquí deixo un vídeo sobre os últimos avances tecnolóxicos que moi probablemente descoñecedes, espero que vos guste tanto como me gustou  a mín!

Por que a ciencia é necesaria?

Imagen
A ciencia é o conxunto de saberes que ao longo do tempo contribuíron a que o home alcance o coñecemento do mundo que o rodea, e tamén da súa propia individualidade . O desenvolvemento científico é indubidablemente o máis importante dos que experimentou a humanidade, e permitiulle ao home dar resposta a moitísimas inquietudes que xurdiron e a emprender o camiño cara á resolución de distintos problemas. A ciencia é a maior obra colectiva da historia da humanidade,  a que nos permitiu progresar como especie desde que o home descubriu como podía xerar e controlar o lume fai uns 450000 anos. A ciencia é o que nos distingue doutras especies no noso planeta, é a que fai que os países sexan poderosos, é a que permite gañar diñeiro con aplicacións tecnolóxicas derivadas do desenvolvemento  científco. Permítenos coñecernos,  explica que é a vida, como funciona o noso cerebro e o resto do noso organismo. O concepto de ciencia como a posibilidade de comprender o mundo mediante un procedemento 

5 avances da ciencia en medicina

Imagen
    A Organización Mundial de Saúde (OMS) considera que os estudos e investigacións non son un luxo, senón que son, ante todo, fundamentais para o descubrir, desenvolver e realizar intervencións que permitan mellorar a saúde e a calidade de vida das persoas. A continuación, dez avances da ciencia en medicina humana Para este ano, un dos avances médicos máis esperados foi, sen dúbida, o transplante de cabeza. E ao parecer chegou, pero non como se anunciaba. Nunha cirurxía que tardou 18 horas, o profesor italiano  Sergio  Canavero conseguiu o mes pasado conectar unha cabeza coa columna vertebral, os nervios e os vasos sanguíneos doutra persoa. Pero hai un detalle: o transplante fíxoo entre cadáveres. Para unha gran parte de científicos, de lograrse a intervención nun paciente vivo, máis que un avance, sería un milagre, pois se busca trasladar a cabeza dun afectado por  atrofia muscular  espinal (que non pode moverse) ao corpo de alguén con morte cerebral. En cambio, hai