Que libros podo ler?

A ciencia e a tecnoloxía en relación a saúde son temas moi  empregados no ámbito literario, pois, abarca moitos puntos de vista que pemiten debatir deles ou crear teorías propias. Non obstante, son utilizados en libros de cienica ficción como en libros de caracter ensaístico . A continuación falarei dalgúns libros de gran éxito que todo o mundo debería ler.

O futuro da nosa mente

Un dos  divulgadores científicos máis coñecidos do mundo, o físico teórico estadounidense  Michio  Kaku, sitúase na fronteira entre os últimos avances da  neurociencia e a ciencia ficción. Case da man polos laboratorios de todo o mundo,  Kaku leva ao lector cara a un futuro no que se poderán gravar os recordos, practicar a  telepatía, gravar vídeos dos nosos soños e controlar a mente doutras persoas.  Kaku, profesor da Universidade de Nova York e experto en teoría de cordas, cre mesmo que nun futuro non tan afastado poderiamos trasladar todo o coñecemento do noso cerebro a un computador.

Funcionan as vaciñas?

Rmm 9123 1 750x501Estamos en guerra. Iso xa ninguén o dubida. O movemento  antivaciñas conseguiu infectar o corazón de Europa con enfermidades que tiñamos baixo control. Por iso, Internet enchéusenos de panfletos e, por iso, necesitamos libros como este que argumenta co lector con madurez, respecto e ciencia, moita ciencia.  Next  Door está a converterse na editorial científica en español e este Funcionan as vacinas? é boa proba diso.



O dilema do omnívoro

Ec9271072 MediumO seguinte prato do menú é este libro de  Pollan onde se discuten as implicacións científicas, políticas, económicas, psicolóxicas e morais da comida, a alimentación e a saúde. Dubidei se incluílo porque os seus argumentos desbordan con moito o ámbito do estritamente científico: pero era só un prexuízo. En realidade esa é a verdadeira natureza da ciencia: cousas que fan tremer a nosa concepción global do mundo. E 'O dilema do  omnívoro' faio


Isto vaiche doer


Resultado de imagen de te va a doler libroCinco anos despois de abandonar a  ginecología e abrazar a ocupación de guionista de comedias televisivas, Adam  Kay foi informado de que a súa licenza médica quedaba revogada. Ao mesmo tempo, unha protesta dos médicos británicos en prácticas polas súas condicións laborais recibía unha agre resposta do goberno. Todo iso motivou a  Kay para reunir os seus diarios da súa época como médico e compoñer un repaso humorístico,  desgarrador e reivindicativo á existencia cotiá do sufrido novo doutor en prácticas. O éxito alcanzado polo libro de  Kay impulsou á BBC para levalo á televisión en formato de serie.





Comentarios

Entradas populares de este blog

Que son as células nai?

Como afectan as TICs na mente dos xóvenes?