Como afectan as TICs na mente dos xóvenes?
É realmente eficiente a multitarea? Afectan as redes sociais e as "novas" tecnoloxías ao cerebro dos xóvenes? "Aprender coa tecnoloxía e as pantallas fai aos nenos máis intelixentes". Este é un dos mitos que circulan nestes tempos na educación. Analicemos con detalle. No 2010 introducíronse os smartphones na nosa vida. Algún considera que mellorou en intelixencia nestes últimos anos? Gañamos máis capacidade de concentración? Máis paciencia, máis vontade, máis constancia? A resposta é NON. Os niveis de tensións nos adultos atópanse disparados a niveis descoñecidos. Aproximadamente un 10% dos menores atópase medicado, tendo en conta que as cifras falan dun 4% de nenos e adolescentes diagnosticados de TDAH. Crecer entre tecnoloxía non nos fai máis intelixentes. É certo que facilitou unha infinidade de actividades pero sobre todo desenvolvemos unha característica na mente con gran habilidade: a multitarea. Que sucede exactamente ...