Que series podo ver?
A temática da cienica e tecnoloxía dá moito xogo na creación de series debido as poucas delimitacións que supón este campo e a variedade que permite. A continuación, recomendarei as miñas tres series favoritas deste xénero.
Stranger things
Stranger Things é unha serie estadounidense protagonizada por adolescentes. Conta con 2 temmpadas e en breves estrenarse a 3º.
A partires da desaparición de Will, un dos persoaxes principais, os seus amigos inician a súa búsqueda (Dustin, Mike e Lucas). Pola contra, Nancy, a irmá dun destes nenos, busca a súa desaparecida mellor amiga Barb coa axuda de Jonathan (irmán de Will). Paralelamente a estas desaparicións, aparece unha estraña nena sen nome (á que posteriormente chamaran Once) que posúe poder mentais debido ós experimentos realizados durante o embarazo da súa nai. Nesta serie prantéxase a existencia de dúas dimensión,este mundo e "o mundo do revés".
Black mirror
É una seie estadounidense que conta con capítulos individualizados que ofrecen novos puntos de vista e critican duramente a sociedade na que vivimos. Todos eles, parten da ciencia e a tecnoloxía para crear a trama de cada episodio. Os capítulos máis impactantes e que impactaron no espectador de forma incríbel son:
- Arkangel: unha nai solteira, preocupada pola súa filla, decide implantarlle un dsipositivo de alta tecnoloxía que monitoriza todo o que percibe.
- Caída en picado: a calidade de vida depende da impresión que demos ós demais, chegando a tal punto de que se deshumanizan as relacións entre as persoas.
- San Junípero: a vellez deixa de ser un impedimento na cidade de San Junípero onde as leis do tempo e o espazo son desafiados.
Ósmosis
Ambientada en París nun futuro próximo, a tecnoloxía conquistou a última fronteira: decodificar o amor verdadeiro. Indagando nos datos obtidos das mentes dos usuarios, o novo implante cerebral creado gracias a alta tecnoloxía e ós avances neurolóxicos é capaz de conseguir a parella perfecta cun 100% de precisión, convertendo o concepto de alma xemelga nunha realidade. Pero hai un prezo para pagar cando deixas que un algoritmo decida a quen amar para o resto da túa vida; a cambio deste amor profundo e eterno, a tecnoloxía pode acceder aos recunchos máis escuros da túa mente e aos segredos que garda o teu corazón.
Comentarios
Publicar un comentario