A ciencia e a tecnoloxía en relación a saúde son temas moi empregados no ámbito literario, pois, abarca moitos puntos de vista que pemiten debatir deles ou crear teorías propias. Non obstante, son utilizados en libros de cienica ficción como en libros de caracter ensaístico . A continuación falarei dalgúns libros de gran éxito que todo o mundo debería ler. O futuro da nosa mente Un dos divulgadores científicos máis coñecidos do mundo, o físico teórico estadounidense Michio Kaku, sitúase na fronteira entre os últimos avances da neurociencia e a ciencia ficción. Case da man polos laboratorios de todo o mundo, Kaku leva ao lector cara a un futuro no que se poderán gravar os recordos, practicar a telepatía, gravar vídeos dos nosos soños e controlar a mente doutras persoas. Kaku, profesor da Universidade de Nova York e experto en teoría de cordas, cre mesmo que nun futuro non tan afastado poderiamos trasladar todo o coñecemento do noso cereb...
A clonación terapéutica, tamén chamada «transferencia nuclear de células somáticas», é unha técnica para crear células nai versátiles independentes dos óvulos fertilizados. Mediante esta técnica, extráese o núcleo —que contén o material xenético— dun óvulo non fertilizado. Tamén se extrae o núcleo dunha célula somática dun doante. A continuación, o núcleo do doante inxéctase no óvulo para substituír o núcleo que se extraeu mediante un proceso chamado «transferencia nuclear». O óvulo pode dividirse e forma rapidamente un blastocito. Este proceso crea unha liña de células nai que é xeneticamente idéntica á do doante; basicamente, é unha clonación. Algúns investigadores consideran que as células nai obtidas da clonación terapéutica poden ofrecer máis beneficios que as dos óvulos fertilizados porque é menos probable que as células clonadas sexan rexeitadas unha vez que se trasplantan novamente ao doante e poden permitir aos investigadores observar exactamente c...
Para comezar, recadarei información sobre as células nai, cuxa utilización orixina moita controversia e debate, pero que pode curar moitas enfermidades. As células nai, tamén chamadas troncais, son materia prima do corpo; son as células a partir das cuales se xeran tódalas outras células con funcións especializadas. Nas condicións adecuadas dentro do corpo ou en laboratorio, as células nai divídense para formar células filla. Estas células filla convértense en novas células nai (autorrenovación) ou en células especializadas (diferenciación) con unha función máis específica, como as células sanguíneas, neoronas cerebrais, músculo cardíaco ou óso. Ningunha outra célula do corpo ten a capcidade natural para xerar novos tipos de células.
Comentarios
Publicar un comentario