Medicina rexenerativa

A terapia con células nai, tamén coñecida como «medicina  regenerativa», promove a resposta  reparativa do tecido enfermo, disfuncional ou lesionado usando células nai ou os seus derivados. É o seguinte capítulo do transplante de órganos e utiliza células en lugar de órganos de doantes, que teñen unha subministración limitada.

Os investigadores crean células nai nun laboratorio. Estas células nai manipúlanse para dividilas en tipos específicos de células, como as células do músculo cardíaco, as células sanguíneas ou as neuronas.

As células especializadas poden implantarse nunha persoa. Por exemplo, se a persoa ten unha enfermidade cardíaca, as células poderían inxectarse no músculo cardíaco. As células cardíacas  trasplantadas sanas poderían entón contribuír a reparar o músculo cardíaco defectuoso.

Os investigadores xa demostraron que as células da medula ósea adulta, guiadas para que se convertan en células similares ás do corazón, poden reparar o tecido do corazón nas persoas, e hai máis investigacións en curso.

Xa se utilizaron células nai para tratar enfermidades, os médicos levaron a cabo transplantes de células nai, tamén coñecidos como «transplantes de medula ósea». Nos transplantes de células nai, substitúense con células nai as células danadas pola quimioterapia ou enfermidades, ou para que o sistema  inmunitario do doante poida combater certos tipos de cancro e enfermidades relacionadas co sangue, como a leucemia. Nestes transplantes utilízanse células nai adultas ou sangue do cordón umbilical.

Os investigadores están a probar as células nai adultas para tratar outras afeccións, entre elas, un número de enfermidades dexenerativas, como a insuficiencia cardíaca.

As células nai embrionarias, sen embargo, tamén poden facer que o corpo do receptor produza unha resposta  inmunitaria e ataque ás células nai coma se fosen invasores estraños, ou ben simplemente poden non funcionar como deberían e ter consecuencias descoñecidas. Os investigadores continúan estudando a forma de evitar estas posibles complicacións.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Que libros podo ler?

A clonación terapéutica

Que son as células nai?