Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2018

Por que hai tanto interese nas células nai?

Imagen
Os investigadores e médicos esperan que os estudos nas células nai poidan axudar ao seguinte: Aumentar os coñecementos sobre como se producen as enfermidades. Ao observar a maduración das células nai en células dos ósos, o músculo cardíaco, os nervios e outros órganos e tecidos, os investigadores e médicos poderían comprender mellor como evolucionan as enfermidades e afeccións. Xerar células sas para substituír células enfermas (medicina  rexenerativa). É posible guiar as células nai para que se convertan en células específicas que poden usarse para rexenerar e reparar tecidos enfermos ou danados nas persoas. As persoas que poderían beneficiarse das terapias con células nai son, entre outras, aquelas que  teñen lesións na medula  espinal, diabetes de tipo 1, enfermidade de Parkinson, Alzheimer, enfermidade cardíaca, accidente  cerebrovascular, queimaduras, cancro e  osteoartritis. As células nai poderían ter a capacidade de crecer e converterse en tecid...

A orixe das células nai

Imagen
Células nai embrionarias. Estas células nai proveñen de embrións de tres a cinco días de vida. Nesta etapa, un embrión denomínase « blástula» e ten ao redor de 150 células. Trátase de células nai  pluripotentes: poden dividirse nunha maior cantidade de células nai ou poden transformarse en calquera tipo de célula no corpo. Pola súa versatilidade, as células nai embrionarias poden usarse para rexenerar ou reparar tecido e órganos enfermos, aínda que o uso nas persoas ata a data limitouse a trastornos relacionados cos ollos, como a dexeneración  macular. Células nai adultas . Estas células nai atópanse en pequenas cantidades na maioría dos tecidos das persoas adultas, como a medula ósea ou a graxa. En comparación coas células nai embrionarias, as células nai adultas teñen unha capacidade máis limitada de dar orixe a diversas células do organismo. Ata hai pouco, os investigadores crían que as células nai adultas podían crear tipos de células similares. Crían, por exe...

Que son as células nai?

Imagen
Para comezar, recadarei información sobre as células nai, cuxa utilización orixina moita controversia e debate, pero que pode curar moitas enfermidades. As células nai, tamén chamadas troncais, son materia prima do corpo; son as células a partir das cuales se xeran tódalas outras células con funcións especializadas. Nas condicións adecuadas dentro do corpo ou en laboratorio, as células nai divídense para formar células filla. Estas células filla convértense en novas células nai (autorrenovación) ou en células especializadas (diferenciación) con unha función máis específica, como as células sanguíneas, neoronas cerebrais, músculo cardíaco ou óso. Ningunha outra célula do corpo ten a capcidade natural para xerar novos tipos de células.